manual mínimo para saír da merda

descende

polos estratos que están a simular un inferno

descende

na aparencia do aceite sobre a auga

deixando múltiples e brandas tensións de superficie

esnaquizadas

descende

na esperanza da lente sobre a descomposición da luz

abertamente

na fricción da conexión nerviosa

na asfixia sobre os ollos atoados

recto

descende

e mira como as mans non poden máis que desprezar o baleiro

Advertisements

estrume (dúas versións)

I

ela atopa no montón de estrume

primeiro un sapo

que fuxe

segundo as crías dun rato aínda cegas indefensas

alleas á luz o seu instinto é non ser alimento

ser resistencia

deixamos de traballar esa zona da horta

evitando ter que decidir

 

ata o día seguinte non seguimos estendendo o estrume

o sapo volve a aparecer

lévoo coas luvas ata outra parte da horta

 

dar tempo ao azar, a esa lóxica

intencionalmente a evolución dos acontecementos nos que no intervimos

 

II

a raposa abandona toda intención depredadora

nen sapo nen ratos ratiños

aposta todo ao negro da noite

 

da integridade

uns principios

unhas precuelas

uns universos paralelos

a coherencia dun millón de voces

que se apagan ao unísono na galaxia

outra estrela máis

da morte

 

Soño do 22/03/2018

no bucle da persistencia repetitiva dos soños

soño con poetas inmortales

que non conseguen suicidarse

 

no bucle dos soños os poetas usan

bombas que adhiren ás súas gorxas

en tumultuosos restaurantes de derradeira cea

en fallan estrepitosamente

incapacitados para a morte

 

na repetición do soño

hai explosións e silencio

un silencio de poetas

de poetas inmortales que non conseguen suicidarse

Nathaniel Dorsky da fotograma de Triste

Partículas

desistamos de tanta resistencia

como bolsada o pentobarbital e o camiño que nos pete soportar

ata o infinito cansazo

 

de tanta insistencia o amor

tamén é unha flutuante sensación de dependencias e baleiros

 

desistamos como esa imaxe que non queremos comprender do humano durmindo

na acolledora claridade do caixeiro

sutil amoreamento de poboación sobrante

 

agoiremos xa a estrema estupidez que alimentamos

abracemos a última viaxe coma un catarse de aceptación

 

abandonemos toda resistencia

os derradeiros días

partículas

felizmente

desesperadas