anomia

os poemas idiopáticos

por riba dun furacán con nome

na viscosa neve de xuño ou no futuro

os versos achados na finxida invernía do planeta

alguén tiña que acertar na tremente vea

percorrela a contrasentido

facendo exacta a vertixe

da intolerancia ambiental

Advertisements

estoupido

as mil primaveras

a luz espectral de Hopper

todo no estalo impecabelmente controlado do 3D

ese futuro que asolaga

mentres

contemplamos