estrume (dúas versións)

I

ela atopa no montón de estrume

primeiro un sapo

que fuxe

segundo as crías dun rato aínda cegas indefensas

alleas á luz o seu instinto é non ser alimento

ser resistencia

deixamos de traballar esa zona da horta

evitando ter que decidir

 

ata o día seguinte non seguimos estendendo o estrume

o sapo volve a aparecer

lévoo coas luvas ata outra parte da horta

 

dar tempo ao azar, a esa lóxica

intencionalmente a evolución dos acontecementos nos que no intervimos

 

II

a raposa abandona toda intención depredadora

nen sapo nen ratos ratiños

aposta todo ao negro da noite

 

Advertisements