Nathaniel Dorsky da fotograma de Triste

Partículas

desistamos de tanta resistencia

como bolsada o pentobarbital e o camiño que nos pete soportar

ata o infinito cansazo

 

de tanta insistencia o amor

tamén é unha flutuante sensación de dependencias e baleiros

 

desistamos como esa imaxe que non queremos comprender do humano durmindo

na acolledora claridade do caixeiro

sutil amoreamento de poboación sobrante

 

agoiremos xa a estrema estupidez que alimentamos

abracemos a última viaxe coma un catarse de aceptación

 

abandonemos toda resistencia

os derradeiros días

partículas

felizmente

desesperadas

 

Advertisements

da viaxe do tren

a pausa da expectante derrota

o tren da esperanza dos ollos que miran pausados o asento baleiro

fronte ao que non queda 

nada

o diálogo actúa coma unha metáfora que explica o silencio

nada é real nin pretensioso

a nosa lealdade aos trazos

o amor á cadencia, ao ritmo

outro mundo imposible amoreado nos segundos que foron