case derradeira

a configuración perfecta desas masas de auga

pequenas

non necesariamente transparentes

nin azuis

cunha luz extrema do día

que poden significar non un verán

non un tempo definido

senón unha respiración profunda case derradeira

un compás, unha pauta certa

case un futuro arelado

comprimido

case nun segundo

 

Advertisements

a cenoria acidia

o mundo esnaquizándose rillado atomizado

diluíndo o significado no significante ou lentes de espellos

a linguaxe sen lingua do mercado

a lambonada do eco

redes tiradas no mar atrapando o desleixo e a repetición

a comunicación é a cenoria

a cenoria tan estrañamente laranxa