a perfecta clase media

cada chanzo na incomprensión do mundo

na non empatía cos obxectos

na non empatía

coa loita de clases

eramos, fomos a triste lexión dos ninguén

e agora somos, percutimos

a perfecta clase media

do intocable primeiro mundo

Advertisements

caligrafía

a poesía e a caligrafía

a morte e os enterros

eses dous segundos de palabras

máis rápidos que a boca

Ar

ar ou presión atmosférica

o peso do universo na pólvora das veas

implosionas

es de verdade nun paraíso

branco

paso lento

branco

sempre inmaculado

o quebracabezas esvara no caos

e así cada chanzo gabea unha vertixe

 

fas e desfás: aliméntaste

da capacidade de imaxinar

os cambios mutacións nas condutas inherentes ao noso mundo físico

e pasas fame

en cada pegada permanece un signo

pero non é máis que unha marca

rexistrada (agora outra vez)

sabemos que o discurso non é unha potencia

nin álxebra ningunha

o discurso é o que non chega a formase nas nosas células