Deglución

o pardal multiplícase na árbore

non hai outra árbore

como non hai outra escuridade que a da noite

as noites, a árbore, o pardal, a multiplicación 

cada vez que pensas en facer os teus ritos esta cidade revírase

e pon aos teus pes os gumes todos que non es quen de deglutir

Advertisements

o símbolo no ollo

A indeterminada forma na que se ofrece o símbolo no ollo

indagando nas pegadas que permanecerán na obsesión

dos ocos

das dunas do solpor

ese reptar que aínda nos é abondo para sentirmos

A clase

Quite an experience to live in fear, isn’t it?

A clase prístina, inmaculada.

A clase primixenia, límpida.

A coherencia.

A clase destruíndo a súa capacidade de estrañamento.

A clase tentando a perfección, construíndo unha outra lei termodinámica.

A clase soñando no intre máis frío da noite.

autoconversa

aspirar a ter a conversa como ínfima pegada do inasíbel, como lampo ou ourizo velenoso.

– non todo o que che digo é unha causa ou un delirio

– entón, que nos queda?

– a reacción, a loucura respectivamente e o síntoma do silencio

– había algo

– que?

– había

– entendes como se conforman as ilusións case de xeito automático, sen nada que as faga dilatarse

– entendo o significado da túa boca cando se move e escoito a túa lingua rosada, húmida

– vén, achégate

– cara a onde es ti ou á sombra do non lugar?

– non temos tempo para falar nada máis. Todo é inútil.

– agás falar, sempre é útil incluso encher os silencios de autoconversas. Nada determina a cantidade de utilidade.

descarguémonos

– estamos incluindo o asunto de sexo nesta conversa?

– hai un elemento ou cousa que non é sexuábel: a infinitude

– os buracos negros, o horizonte de sucesos

a árbore

– hai unha vella historia, que nunca se conta, sobre a incapacidade de dicir

a finalización e o obxectivo que fan das mans aramios